Libellés

mardi 7 janvier 2014

Hasta logo

As clases xa remataron e ao cuadrimestre pouco lle queda, polo que xa é hora de ir despedindo o noso Blog. A verdade é que durante todo o cuadrimestre estiven traballando continuamente nel e nun primeiro momento custoume levar todo ó día, pero co tempo funme afacendo.
Paréceme unha ferramenta moi útil, xa que eu persoalmente saqueille moito partido. Por un lado ó querer plasmar no Blog o visto na clase, axudoume a reflexionar sobre algunhas cousas e a revisar o visto (o que facía que o conectara mellor cas tarefas que tíñamos que facer). Por outro publicaba cousas que me parecían interesantes de cara a enriquecelo.
Sen embargo cando empezamos cos Blogs levoume moito tempo modificalo ó meu gusto, non sabía como traballar con el e mesmo non lle vía moita utilidade. Pouco a pouco funme acostumando a el e ata agora pode que o vote de menos :D

Un saúdo

Notas das tarefas

O sistema de avaliar ós nosos compañeiros no meu caso resultou beneficioso, sobre todo despois de saber que o mestre non estaba moi de acordo cas nosas notas. A verdade é que non o entendo por dúas razóns: por un lado, nosoutros antes de entregar as tarefas temos que facer unha auto-avaliación e se vemos que nos falta algún punto completámola ata que esté acorde ca rúbrica; e por outro, ó seguir unha rúbrica para avaliar a puntuación é bastante obxetiva porque hai que ter en conta uns ítems.

En xeral realizar as tarefas non foi difícil, aínda que si requería horas de traballo. A tarefa que me resultou máis complexa foi a terceira porque me custou un pouco facer as actividades adaptadas ós obxetivos, ós contidos, ás capacidades, á idade dos nosos alumnos, ás súas características e adaptando o nivel de francés a súa idade. Ademais levar a cabo esta tarefa implicou coñecer novas aplicacións webs e aprender a manexalas.

mercredi 18 décembre 2013

Páxina de Nadal

Navegando por Internet buscando cancións de Nadal en francés atopei unha páxina moi interesante para nenos pequenos. Todo está relacionado co Nadal e ten diferentes cousas: recetas, cancións, xogos, contos, dibuxos para pintar, instruccións de manualidades...
Gustoume moito polo que deixo o link

mardi 17 décembre 2013

Mon beau Sapin

¡Unha canción de Nadal!

Última clase B

O día 9 foi o último día de clases B. Nela estivemos falando sobre o Portfolio e o que o mestre ía valorar del:

  • boa presentación
  • organización (por etiquetas)
  • as nosas reflexións
  • o continuo movimento nel
Ademais estivemos falando sobre a entrevista que vamos a ter con el, na que lle podemos falar das cousas que nosoutros vexamos oportuno en relación ás clases, ó temario, ó noso Portfolio e ás tarefas que tivemos que entregar durante todo o cuatrimestre. Estou un pouco "asustada" porque aínda non sei como presentar o Blog da maneira que mellor se vexa o meu traballo e preocúpame que no momento cos nervios non explique todo como eu quixera. Antes das exposicións adoito poñerme máis nerviosa que no momento en sí, xa que cando estou expoñendo xa adoito estar centrada no que quero dicir. Espero que esta vez tamén sexa así.

En relación as clases B, penso que foron moi útiles porque todo o que se trataba eran dúbidas que podíamos ter con relación a práctica, é dicir, as tarefas. Aínda que tampouco estaría mal que nalgunha das clases puideramos facer cada un a nosa tarefa para poder resolver dudas co mestre e compartir opinións cos nosos compañeiros.

lundi 16 décembre 2013

A avaliación

Os dous últimos martes estivemos vendo a avaliación. Foron unhas das clases que máis me axudaron para elaborar a última tarefa. Os puntos que tratamos foron os seguintes:
1. Tipos de avaliación
    1.1 ¿que avaliar?
    • Auto-avaliación: o alumno avalíase a si mesmo (Por exemplo unha táboa na que se teñan que avaliar con debuxos)
    • Co-avaliación: uns estudantes a outros
    • Hetero-avaliación: o profesor avalia o estudante
    1.2 ¿cando avaliar?
    • Avaliación inicial (ó principio do aprendizaxe): orienta ó camiño que debe levar o aprendizaje e ó mestre.
    • Avaliación formativa (durante o aprendizaxe): obtense información sobre o progreso do aprendizaje.
    • Avaliación sumativa (o rematar o aprendizaxe): informa do resultado do aprendizaxe.
    1.3 Outros tipos de avaliación
    • Directa ou indirecta
    • Subxectiva ou obxectiva
    • Holística ou analista
2. Criterios de avaliación
En función dos nosos obxectivos

3. Ferramentas de avaliación
  • Lista de control
  • Rúbrica
  • Folla de observación
A continuación poño o Prezi que estivemos vendo na clase.

vendredi 13 décembre 2013

TÂCHE 5: ÉVALUER

1. RÉVISION DE LA TÂCHE 1, 2 ET 4
Tâche 1:


Tâche 2:

Tâche 4

2. DESCRIPTION DU SYSTÈME D'ÉVALUATION
PRODUCTION ORALE
Le type d'évaluation
Hetero-avaliación: evaluarei aos meus alumnos a través da observación directa. Realizarei a avaliación ao rematar a actividade cunha escala de estimación, axudareime para cubrila dalgunha nota collida durante a realización das actividades.

Les critères d'évaluation
  • Imita con facilidade os nomes dos números
  • Imita con facilidade os nomes das formas xeométricas
  • Identifica a figura que eu lle nomeo
  • Esforzase por imitar con boa pronunciación os nomes en francés
  • Amosa unha actitude positiva cara á aprendizaxe dunha lingua estranxeira
Le outil d'évaluation
Escala de estimación:

Nome:
Actividade: Produción oral

SI
NON
ÁS VECES
Imita con facilidade os nomes dos números




Imita con facilidade os nomes das formas xeométricas



Identifica a figura que eu lle nomeo



Esforzase por imitar con boa pronunciación os nomes en francés



Amosa unha actitude positiva cara á aprendizaxe dunha lingua estranxeira



Observacións





Les ressources nécessaires à sa réalisation: Escala de estimación e as notas collidas durante as actividades.
Le temps: 45 minutos en total (dous minutos aproximadamente por alumno).

PRODUCTION ÉCRITE
Le type d'évaluation
Hetero-avaliación: evaluarei aos meus alumnos a través da observación directa. Realizarei a avaliación ao rematar as actividades cunha lista de control, axudareime para cubrila dalgunha nota collida durante a realización das actividades.

Les critères d'évaluation
  • Recoñece (cando eu a menciono e sinalo) a figura que ten que dibuxar
  • Dibuxa ou intenta dibuxar tódalas figuras
  • Dibuxa a figura na folla correspondente
  • Recoñécese algunha figura (número ou forma xeométrica) con facilidade no seu dibuxo
Le outil d'évaluation
Lista de control

Actividade: Produción escrita
Nome:
SI
NON
Recoñece (cando eu a menciono e sinalo) a figura que ten que dibuxar



Dibuxa ou intenta dibuxar tódalas figuras



Dibuxa a figura na folla correspondente



Recoñécese algunha figura (número ou forma xeométrica) con facilidade no seu dibuxo




Le temps: 45 minutos en total (dous minutos aproximadamente por alumno).
Le ressources nécessaires à sa réalisation: a lista de control e os debuxos dos nenos.

2. 1. Les ressources pour l'élaboration de la tâche
  • Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Prezi do mestre: L'évaluation en cours de langue étrangère.

3. RUBRIQUE RÉFLEXION
Comment t’es-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche?
Primeiro lin as instrucións para non esquecer ningún punto e realicei un pequeno esquema. Despois revisei as miñas tarefas anteriores para comezar a pensar no mellor sistema de avaliación. Finalmente realicei a tarefa consultando algunhas das fontes que mencionei anteriormente.

As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Si, decantarme polos criterios (xa que pensei moitos máis pero só podía poñer cinco) e escoller o sistema de avaliación.

Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
  • Ser capaz de levar a cabo distintos tipos de avaliación.
  • Ser capaz de preparar e aplicar unha unidade didáctica.
  • Priorizar os criterios de avaliación para facer unha avaliación máis eficaz e concreta.
Quel est ton avis général sur la tâche?
É positiva, xa que necesitaba repasar os diferentes tipos de avaliación, así como as diferentes ferramentas. Ademais sirveume para comprobar si a tarefa anterior estaba ben plantexada.